Galego Castelán
Novidades
26/11/2014
Nicaragua: unha experiencia que deixa pegada Ir..
05/10/2013
SAN FROILAN ASOCIATIVO Ir..
10/04/2013
Axunica estrea nova Web
As Nosas Descargas
Agua Agria - Descargar
Historia de Nicaragua - Descargar
Nuevo Amanecer - Descargar
Coñece Axunica - Descargar
Videopoema - Descargar
Descobre Nicaragua - Descargar
Fai a túa doazón
Número de Conta de NCG
2091- 0162-10-3000043533
Visita O Noso Blog
»Proxectos
Casas Comunais

Ao empezar o traballo nas comunidades, viuse a necesidade de ter un sitio no que reunirse e levar a cabo as diferentes actividades. Así foi como empezaron a construírse as primeiras casas comunais.

Na actualidade existen casas comunais en: Granada, Nuevo Amanecer, Malacatoya (Aldea de Malacatoya, Tepalón I e II, El Tabacal) e Agua Agria.

Como se dicía con anterioridade estas casas serven de punto de encontro entre o equipo de traballo e as persoas da comunidade que deciden acudir libremente. As familias da comunidade son as encargadas de darlles coidado e vixilancia.

Dentro das casas comunais, unha das máis importantes que hai, pola actividade toda que se leva a cabo nela é a de Granada, “Calli Tanday” (Casa de Unión en idioma misquito). É unha casa concibida como un espazo aberto ás persoas que viven nos barrios marxinais da periferia de Granada: San Alejandro, Valles de Granada e Los Tanques.