Galego Castelán
Novidades
26/11/2014
Nicaragua: unha experiencia que deixa pegada Ir..
05/10/2013
SAN FROILAN ASOCIATIVO Ir..
10/04/2013
Axunica estrea nova Web
As Nosas Descargas
Agua Agria - Descargar
Historia de Nicaragua - Descargar
Nuevo Amanecer - Descargar
Coñece Axunica - Descargar
Videopoema - Descargar
Descobre Nicaragua - Descargar
Fai a túa doazón
Número de Conta de NCG
2091- 0162-10-3000043533
Visita O Noso Blog
»Zonas
Malacatoya

Malacatoya está situada a uns 27 quilómetros da cidade de Granada, e está formada por 17 comunidades nas que aproximadamente viven 12.500 persoas.

As comunidades ás que Axunica dá atención son: El Porvenir, Santa Ana, Tabacal, Talista e Tepalón , I, II e III.

Estas zonas teñen un carácter especial e distinto ao da cidade. Os horarios de traballo son duros e entre as 4 e 5 da mañá os fogares xa comezan a prepararse para traballar. Hai altos índices de paro e analfabetismo, así como non asistencia e abandono escolar. Este absentismo escolar, moitas veces prodúcese xa que os nenos e nenas vense obrigados a traballar no campo ou axudar aos seus pais no coidado da casa ou a familia. As condicións de vida e vivenda son máis extremas, pois existen abundantes vivendas que carecen de saneamento básico, auga e luz. Moitas vivendas están construídas con plásticos e madeira.

A taxa de paro é moi elevada e os recursos económicos escasos. Moi poucas familias posúen terra para traballar, xa que a maioría está en mans de finqueiros, que a usan maioritariamente para o cultivo de arroz.

Malacatoya está bordeada polo río Malacatoya, que desemboca no lago Cocibolca. Na época de chuvias (xullo a outubro) case sempre sofre inundacións, sendo a máis grave delas a do furacán Micht no 1998. Durante a época de choivas o paso do equipo de traballo tamén se ve dificultado, xa que a ponte que cruza o río non pode funcionar con normalidade, ou ben os camiños están inundados, sendo imposible o desprazamento en camioneta, tendo que facelo a pé.