Xornal Altermundo | Diario Rebelión |
Trinchera de la Noticia | La Jornada |
La Prensa Diario | AECID |
Cooperación Galega | CENIDH |
Pobreza Cero | IGADI |
A Cova da Terra | Revista Envío |
Coordinadora Galega ONG Kasak |
A comunidade de Agua Agria pertence ao municipio de Nandaime, e atópase na ladeira do volcán Mombacho, a uns 25 Km da cidade de Granada. O percorrido en coche pode durar ata unha hora, o que nos dá idea do difícil acceso que presenta a dita comunidade.
Esta comunidade nace cando unhas 15 familias naturais de Waslala (norte do país) tiveron que fuxir pola guerra e se asentaron nestas terras. Na actualidade hai sobre unhas 20 familias.
As súas terras son pouco fértiles, e a maior parte están cheas de pedras e non permiten o cultivo. Existe unha parte máis afastada da comunidade na que se pode cultivar, pero isto vese dificultado polo lonxe que queda da comunidade e polos roubos. O “rubro” que ten máis posibilidades é o gando.
A maioría das vivendas non dispoñen de luz nin auga corrente. Para se abastecer de auga teñen que percorrer unha distancia duns 30 minutos camiñando ata chegar ao rio Tuco, situado na ladeira do volcán, e logo subir os caldeiros cheos de auga ata os fogares, por un camiño dificultoso. Esta falta de auga tradúcese nun incremento de enfermidades e infeccións.