Galego Castelán
Novidades
26/11/2014
Nicaragua: unha experiencia que deixa pegada Ir..
05/10/2013
SAN FROILAN ASOCIATIVO Ir..
10/04/2013
Axunica estrea nova Web
As Nosas Descargas
Agua Agria - Descargar
Historia de Nicaragua - Descargar
Nuevo Amanecer - Descargar
Coñece Axunica - Descargar
Videopoema - Descargar
Descobre Nicaragua - Descargar
Fai a túa doazón
Número de Conta de NCG
2091- 0162-10-3000043533
Visita O Noso Blog
»Zonas
Granada

Granada, xunto con León e Managua, é unha das cidades máis turísticas de Nicaragua. Fundada en 1524, é a cidade máis antiga do país, e unha das máis antigas do continente americano. Conta con máis de 100.000 habitantes.

A economía do departamento de Granada baséase no turismo, na pesca, a produción de grans básicos, froitas, hortalizas, artesanías en coiro, mimbre e un pequeno desenvolvemento industrial.

As actividades da organización ubícanse no barrio de San Alejandro, onde se atopa “Calli Tanday” (casa de unión en idioma misquito) e que serve como centro de reunión para o equipo de traballo, así como para dar acollida a diferentes actividades e proxectos. Ademais do barrio de San Alejandro, tamén se dá atención aos barrios de Los Tanques e Los Valles, todos situados na periferia da cidade e cuns altos índices de pobreza.

A conflitividade social é moi elevada. Existen grupos de mozos desempregados que se xuntan en pandillas violentas. Ademais, a vivenda é un grave problema, menos do 50% da poboación ten unha vivenda propia. Aínda así, estas vivendas non cumpren as condicións básicas de habitabilidade, de tal forma que as familias vense amoreadas en casas moi pequenas, en ocasións cunha única habitación onde conviven 5 ou 7 persoas.