Galego Castelán
Novidades
26/11/2014
Nicaragua: unha experiencia que deixa pegada Ir..
05/10/2013
SAN FROILAN ASOCIATIVO Ir..
10/04/2013
Axunica estrea nova Web
As Nosas Descargas
Agua Agria - Descargar
Historia de Nicaragua - Descargar
Nuevo Amanecer - Descargar
Coñece Axunica - Descargar
Videopoema - Descargar
Descobre Nicaragua - Descargar
Fai a túa doazón
Número de Conta de NCG
2091- 0162-10-3000043533
Visita O Noso Blog
»Zonas
Nuevo Amanecer

A comunidade de Nuevo Amanecer atópase no municipio de Masaya, a 10 Km da cidade de Granada e é de fácil acceso.

Esta comunidade é de nova creación, nace no 2001, como consecuencia dun terremoto que tivo o epicentro na Laguna de Apoyo, despois do cal gran parte dos asentamentos dos arredores se viron gravemente afectados, decretando o goberno a súa cualificación de “zona non habitable” ao estaren construídos sobre unha falla sísmica. A poboación viuse obrigada a abandonar a súa residencia sendo reasentados nun terreo ao que chamaron Nuevo Amanecer.

Nos seus inicios, a maior parte das vivendas estaban construídas con ripio (madeira de desfeitos) e con teito de zinc. Algunhas casas carecían de auga e de latrina. O tendido eléctrico estaba en condicións deficientes, co conseguinte risco que supoñía; ademais a instalación do cable sustentábase en postes de bambú. Pouco a pouco e con moito esforzo a situación foi mellorando.

Na actualidade residen 84 familias, sendo un total de máis de 360 persoas as que habitan en Nuevo Amanecer. Trátase dunha comunidade formada por familias novas.

A maioría da poboación adícase ao comercio nas cidades de Granada ou Masaya. Gran parte das familias carece de terra para o cultivo, xa que cando foron reasentados, non se lles proporcionou.