Xornal Altermundo | Diario Rebelión |
Trinchera de la Noticia | La Jornada |
La Prensa Diario | AECID |
Cooperación Galega | CENIDH |
Pobreza Cero | IGADI |
A Cova da Terra | Revista Envío |
Coordinadora Galega ONG Kasak |
Na procura de fornecer as comunidades cunhas condicións hixiénico-sanitarias dignas, a posibilidade de acceso a menciñas cando os seus membros caen enfermos é fundametal. Tendo en conta que as posibilidades económicas das xentes que viven nas zonas onde Axunica está a colaborar son moi reducidas, decidiuse apoiar a posta en marcha de postos de venda social onde a xente pode mercar os medicamentos a prezos mínimos.
Os medicamentos que se venden nestes postos conséguense por dúas vías: medicinas doadas que levan os voluntarios nas súas viaxes e compra directa en Nicaragua do que non se poida conseguir a través da doazón.
Axunica colabora na posta en marcha das tendas, así como na clasificación dos medicamentos e na formación das persoas encargadas da venda. Arestora hai 4 postos nas comunidades de Malacatoya (Aldea de Malacatoya, Tepalón), Nuevo Amanecer e Agua Agria e outra máis está a funcionar na casa comunal de Calli Tanday na cidade de Granada.