Xornal Altermundo | Diario Rebelión |
Trinchera de la Noticia | La Jornada |
La Prensa Diario | AECID |
Cooperación Galega | CENIDH |
Pobreza Cero | IGADI |
A Cova da Terra | Revista Envío |
Coordinadora Galega ONG Kasak |
Tendo como obxectivo a mellora na situación sanitaria dunha comunidade, unha das actuacións básicas é a de garantir un nivel mínimo nas súas condicións hixiénicas.
En moitas comunidades rurais a falta de sistemas de saneamento provoca que a incidencia de enfermidades infecto-contaxiosas e parasitarias sexa moi alta, ademais de provocar un gran deterioro para as condicións medioambientais da zona, contribuíndo principalmente a contaminación dos seus recursos hídricos.
Nestas comunidades, diante da dificultade técnica e orzamentaria que suporía a construción dunha rede de sumidoiros , a solución máis viable para diminuír a prevaleza destas enfermidades é a construción de latrinas.
Coa finalidade de rematar con esta problemática, Axunica financiou a construción de 30 latrinas nas comunidades de Malacatoya (Tepalón I y II) e outras 20 na comunidade de Nuevo Amanecer.