Xornal Altermundo | Diario Rebelión |
Trinchera de la Noticia | La Jornada |
La Prensa Diario | AECID |
Cooperación Galega | CENIDH |
Pobreza Cero | IGADI |
A Cova da Terra | Revista Envío |
Coordinadora Galega ONG Kasak |
Este ambicioso proxecto xurdiu da necesidade de apoiar os rapaces, maioritariamente das zonas rurais, que unha vez rematada a educación primaria obrigatoria non tiñan a oportunidade de continuaren coa súa formación por motivos económicos.
Os mozos beneficiados por este proxecto divídense en dous grupos: Bolseiros internos e bolseiros externos. Todos eles reciben axudas coas matrículas,uniformes escolares, transporte ou material escolar. A maiores destas achegas, os bolseiros internos teñen tamén garantida tanto a súa manutención como o aloxamento nas instalacións da casa comunal Calli Tanday de Granada ou en casas de familias da zona.
Todos os mozos beneficiados por estas bolsas adquiren un compromiso firme cuns valores básicos como son: a axuda ás súas familias ( volven durante as fins de semana ao rural para colaboraren ),a participación nos proxectos que se están a desenvolver nas súas comunidades, a colaboración nas actividades da casa comunal Calli Tanday, a igualdade de xénero, a loita a prol da xustiza social ou a rigorosidade no estudo.
Hai unha persoa responsable dos bolseiros, encargada de vixiar o cumprimento dos compromisos adquiridos e de dar atención personalizada a cada un deles na procura do desenvolvemento integral que se pretende con este proxecto.
Dende o comezo da súa andaina, máis de 120 mozos acolléronse a estas axudas para continuaren coa súa formación. Arestora hai 10 bolseiros internos ( 6 na casa comunal de Calli Tanday e 4 vivindo con familias ) e 29 bolseiros externos.