Xornal Altermundo | Diario Rebelión |
Trinchera de la Noticia | La Jornada |
La Prensa Diario | AECID |
Cooperación Galega | CENIDH |
Pobreza Cero | IGADI |
A Cova da Terra | Revista Envío |
Coordinadora Galega ONG Kasak |
Este é o proxecto de máis longo percorrido de todos os desenvolvidos por Axunica no ámbito da mellora das condicións hixiénico-sanitarias dos nicaraguanos.
A comunidade de Tepalón (Malacatoya), onde a maioría das familias malviven cun escaso xornal proporcionado polos finqueiros ( terratenentes da zona ), ao estar asentada na desembocadura do río Malacatoya co lago Cocibolca sofre fortes inundacións nas estacións de choivas o que, unido ao azoute dos furacáns ( foi unha das áreas máis devastadas polo Mitch ), facía moi complexas as tarefas para abastecérense con auga potable.
A partires do ano 1998 comezou un proxecto, no que Axunica colaborou con entidades españolas e coa Universidade centroamericana de Managua ( UCA ), para a construción dun sistema de potabilización de auga que permitiría cubrir esta necesidade básica a preto de 200 familias.
Este sistema dispón dun tanque cun equipo de cloración, conectado a unha rede de distribución que achega a auga aos diferentes lugares da comunidade. Durante estes anos o proxecto sufriu varias modificacións ( instalación de contadores, ampliación a comunidade veciña de El Porvenir... ) e diversas obras para o correcto mantemento dos seus diferentes compoñentes. En todas estas actuacións contouse coa axuda das xentes da comunidade, de feito, dende os seus inicios o proxecto foi sostido e manexado directamente polo Comité de Auga da Comunidade (formado por habitantes de Tepalón).