Galego Castelán
Novidades
26/11/2014
Nicaragua: unha experiencia que deixa pegada Ir..
05/10/2013
SAN FROILAN ASOCIATIVO Ir..
10/04/2013
Axunica estrea nova Web
As Nosas Descargas
Agua Agria - Descargar
Historia de Nicaragua - Descargar
Nuevo Amanecer - Descargar
Coñece Axunica - Descargar
Videopoema - Descargar
Descobre Nicaragua - Descargar
Fai a túa doazón
Número de Conta de NCG
2091- 0162-10-3000043533
Visita O Noso Blog
»Proxectos
Emerxencia

O obxectivo deste tipo de proxectos é o de dar unha resposta rápida ante situacións inesperadas e urxentes (inundacións, incendio do fogar, ingresos hospitalarios, compra de medicamentos, traslado de enfermos a hospitais, etc.) e que mediante a dita axuda as persoas que o precisen poidan dar solución a esa situación.

A axuda adoita ser en forma de alimentos e roupa, ante por exemplo unha inundación, ou ben en forma económica, unha vez o equipo valore a existencia real da emerxencia. Todas as comunidades e as familias que residen nelas poden resultar beneficiarias desta axuda.

Cómpre salientar dentro deste tipo de proxectos a axuda prestada a Haití logo do devastador tremor de terra do 2010. Co contacto do haitiano Ronie Zamor, un membro do equipo de traballo de Fundavi, Ana Vila marchou para o país caribeño a vivir uns meses nos campamentos de tendas de campaña dos refuxiados, coa intención de axudar no posible usando a súa experiencia na cooperación.

Dende Lugo apoiouse a súa iniciativa coa organización dun festival solidario e participando en diferentes actos de concienciación, co cal se recolleron uns fondos que se empregaron en axudas de primeira necesidade para a poboación vítima do desastre.