Xornal Altermundo | Diario Rebelión |
Trinchera de la Noticia | La Jornada |
La Prensa Diario | AECID |
Cooperación Galega | CENIDH |
Pobreza Cero | IGADI |
A Cova da Terra | Revista Envío |
Coordinadora Galega ONG Kasak |
Un dos problemas máis lacerantes que para Axunica padece Nicaragua é a terrible desigualdade de xénero que se aprecia no funcionamento da súa sociedade. A concepción maioritaria da muller como un apéndice do home sen máis finalidade que a doméstico-reprodutiva, fai que un dos obxectivos prioritarios das accións da ONG na terra de Sandino sexa a superación desta realidade e de todas as consecuencias nefastas que leva aparelladas.
En todas as comunidades nas que Axunica colabora se fan actividades periódicas de formación da muller con proxeccións de películas, documentais, charlas formativas, obradoiros... nos que se abordan temáticas encamiñadas á toma de conciencia nos dereitos que teñen como mulleres.
A maiores desta acción concreta de formación de xénero, a inmensa maioría dos proxectos que acomete Axunica teñen un transfondo que promove o empoderamento da muller dentro da sociedade. Antes da posta en marcha de proxectos de preescolar, comedores infantís, panadaría ou hortos comunitarios procúrase a implicación das mulleres da comunidade coa finalidade de reforzar as relacións entre elas, para acadaren así unha posición máis forte de cara a toma de decisións.
En todas as visitas semanais que o equipo de traballo nicaraguano fai as comunidades, ten lugar unha asemblea coas mulleres para facer un seguimento de como se van desenvolvendo nas súas tarefas dentro dos proxectos, para escoitar as súas suxestións e tentar de asesoralas en todo o posible, tanto no eido familiar como no colectivo.