Galego Castelán
Novidades
26/11/2014
Nicaragua: unha experiencia que deixa pegada Ir..
05/10/2013
SAN FROILAN ASOCIATIVO Ir..
10/04/2013
Axunica estrea nova Web
As Nosas Descargas
Agua Agria - Descargar
Historia de Nicaragua - Descargar
Nuevo Amanecer - Descargar
Coñece Axunica - Descargar
Videopoema - Descargar
Descobre Nicaragua - Descargar
Fai a túa doazón
Número de Conta de NCG
2091- 0162-10-3000043533
Visita O Noso Blog
»Proxectos
Comedores

Un dos obxectivos fundamentais á hora de mellorar as condicións sanitarias dunha poboación é ,obviamente, cubrir as necesidades alimenticias básicas.

Dadas as condicións socioeconómicas nicaraguanas, isto non sempre é doado polo que dende Axunica apóiase o funcionamento de comedores sociais para cubrir estas carencias, especialmente nos segmentos da poboación máis vulnerables, os meniños.

Para tentar fuxir dun asistencialismo mal entendido, Axunica pretende con estes proxetos non só acadar o obxectivo fundamental de mellorar a nutrición dos cativos, senón que este leve aparellado un compromiso de toda a comunidade no desenvolvemento do proxecto, é dicir, para que un neno poida participar no proxecto cómpre que as nais colaboren nas diferentes tarefas que xorden arredor da actividade: cociña, limpeza, reparto dos alimentos, coidado dos pequenos, etc… co cal se pretende aumentar a cohesión da comunidade.

No pasado ano Axunica colaborou con seis comedores repartidos nas comunidades rurais de Malacatoya (Santa Ana, Tepalón I, Tepalón II), Chinandeguita (Palo Quemado), Nuevo Amanecer e Agua Agria. Tamén se apoiou o comedor da casa comunal Calli Tanday na cidade de Granada.

O total de persoas beneficiadas por estes proxectos rondou os 200 cativos e 25 adultos.